LiresCa é un proxecto de aloxamento de turismo rural en pleno corazón da Costa da Morte. 

Atópase situada na aldea de Lires, no Camiño de Santiago en plena ruta peregrina Fisterrra – Muxía. 

Trátase dunha casa do século XIX, que foi restaurada baixo a premisa de preservar o encanto da arquitectura tradicional das aldeas galegas, e que nace como un proxecto innovador no sector turístico da Costa da Morte, dispoñendo dunha Área de Dinamización na que se fomenta o valor patrimonial da zona e o consumo de produtos pesqueiros locais.

Este proxecto conta co financiamento da Unión Europea Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), cunha axuda outorgada ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo aprobadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro “Seo Fisterra Ría de Muros-Noia”. 

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información