En LiresCa empaparaste da cultura e os costumes da Costa da Morte. Na planta baixa da casa está ESPAZO LIRESCA onde atoparás:

  • EXPOSICIÓNS de artistas da nosa terra
  • ACTIVIDADES CULTURAIS E MUSICAIS
  • BIBLIOTECA LITERARIA con predominio dos autores do noso territorio
  • INFORMACIÓN acerca dos eventos diarios culturais e turísticos que se celebran na nosa contorna
  • En función das túas preferencias AXUDÁMOSCHE a seleccionar os sitios para visitar da nosa zona e a elixir actividades turísticas e de lecer
  • COLABORAMOS activamente con entidades sen ánimo de lucro que promoven a cultura, a integración social e o respecto polo medioambiente
Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información