lubion_pipion_praiadelires_liresca

Na praia de Lires, nos meses máis fríos de inverno, pódese pescar un curioso peixe de corpo pequeno (máximo 35 cm), alongado, de cabeza puntiaguda e cor azul-verdoso. Responde ao nome de lubión, aínda que noutras localidades é coñecido como lanzón, pipión ou pixilin.


Aínda que normalmente non se pesca deportivamente, se non para cebo, en Lires é tradición frixilos en aceite para despois saborealos na mesa. Os exemplares máis pequenos cómense enteiros con espiña e cabeza.


O lubión vive en fondos areosos ata unha profundidade máxima de 100 m, sendo pouco visible porque durante o día agóchase na area. Aliméntase de plancton, larvas, peixes e crustáceos. Ao mesmo tempo, serve de alimento a outros peixes máis grandes, como é o caso da sabrosa robaliza que tamén se pode pescar na praia de Lires.


Aínda que noutros litorais a súa captura faise mediante a arte de cerco do boliche ou chinchorro, en Lires péscase con un fouciño de mango longo e sen corte, que se introduce na area levantando o lubión con moita destreza mentras é recollido coa man. Aínda que hoxe en día os pescadores máis veteranos de Lires idearon un sistema inxenioso que lles permite apañar o lubión sen necesidade de meterlles a man para evitar que escapen do fío do fouciño.


QUE FACER: Vir practicar pesca deportiva na praia de Lires, onde poderás facer un descanso e serás benvido  se decides visitar a nosa casa: LiresCa.

pescalires_liresca

 

LiresCa - Lires no Camiño
Etapa Muxía Fisterra
Turismo Rural Galicia
  • Comparte esta entrada!

Engade un comentario sobre este post

Entradas recentes

SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de  Fàbula foi a primeira en expoñer en  Espazo  LiresCa
SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de Fàbula foi a primeira en expoñer en Espazo LiresCa

A exposición da Asociación Ambiental Mar de Fàbula estivo connosco en Espazo LiresCa durante case 2 meses. Foi a primeira exposición coa que inauguramos  LiresCa. E moi agradecidos estamos a Mar de  Fàbula e a Xosé Manuel Barros.  As figuras caóticas, as caixas de peixe, as cabezas perdidas, os barcos ,... en definitiva, as esculturas feitas do lixo  plàstico apañados nas nosas praias acompañáronnos durante os primeiros pasos desta no…

SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar
SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar

Faro Vilán O 7 de decembro do 2012 seis xóvenes saíron de Malpica para recorrer máis de 200 kms por A Costa da Morte, sen alonxarse do mar.  Despois de varias semanas explorando a costa en busca de camiños e sendas chegaron a Fisterra, percatándose de que trazaran unha ruta de sendeirismo espectacular con faros, dunas, praias, ensenadas, acantilados, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, montañas, solpores, .. Nese momento naceu O Camiño dos Faros. QUE FAC…

SABÍAS QUE? O dolmen da  Pedra da Arca foi construído por unha moura
SABÍAS QUE? O dolmen da Pedra da Arca foi construído por unha moura

O dolmen da Pedra da Arca, tamén coñecido coma o dolmen de Cerqueda é un dos dolmens máis grandes de Galicia, que data do período entre o 3500 e o 2700 a.C, e está situado no concello de Malpica (Costa da Morte). A tradición conta que unha moura construíu a Pedra da Arca, cargando pedras na cabeza mentres fiaba e daba de mamar a un neno. Na mitoloxía galega as mouras son fermosísimas mulleres que viven baixo a terra ou baixo as augas, seres máxicos que de cand…

Newsletter

Rexístrese e sexa o primeiro en coñecer as últimas noticias

*Introducindo o meu correo electrónico dou o meu consentimento para recibir comunicacións de LiresCa a través do meu e-mail e confirmo que lin a política de Protección de Datos.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información