fernandoblancodelema_liresca

Fernando Blanco de Lema (foto cedida polo Museo Fernando Blanco)

Fernando Blanco de Lema (Cee, 1796 – A Habana, 1875) foi un veciño de Cee que, tras emigrar a Cuba con tan só 13 anos e facer fortuna alí como empresario, quixo que o diñeiro ganado na illa caribeña se destinase á construción dun dos institutos mais antigos de Galicia (o actual I.E.S. Fernando Blanco). 
Inaugurado o 2 de outubro de 1886, e dotado co mais avanzado material pedagóxico e didáctico do momento, cuns profesores altamente cualificados, e cunhas instalacións educativas fora do común no rural galego de finais do século XIX, o Instituto Fernando Blanco converteuse en pedra angular do desenvolvemento educativo, cultural e social da vila da Xunqueira.
Ademais, sobre o solar da súa casa natal, situado nun dos extremos da Alameda, erixiuse a antiga Escola das Nenas, na que recibían educación primaria as rapazas ata os 14 anos.
Fernando Blanco de Lema, e coma él, tantos e tantos emigrantes, tiveron moi claro que os piares básicos sobre os que tiña que asentarse o progreso da nosa terra eran a educación e a cultura, de aí que en Galicia se levantaron unhas 300 escolas “americanas”. 


QUE FACER:

• Visitar o Museo Fernando Blanco, en Cee,  no que se lembra a figura do filántropo ceense e amósase a importante colección de material educativo, artístico e relixioso mercado a finais do século XIX para o centro educativo. A tan só 10 minutos de LiresCa!

• Gozar do Programa O MES DA FUNDACIÓN que se desenvolve todos os anos ao longo de todo o mes de outubro, con actividades para os colexios e para o público en xeral. 

museofernandoblanco_liresca

Museo Fernando Blanco  (foto cedida polo Museo Fernando Blanco)

LiresCa - Lires no Camiño
Etapa Muxía Fisterra
Turismo Rural Galicia
  • Comparte esta entrada!

Engade un comentario sobre este post

Entradas recentes

SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de  Fàbula foi a primeira en expoñer en  Espazo  LiresCa
SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de Fàbula foi a primeira en expoñer en Espazo LiresCa

A exposición da Asociación Ambiental Mar de Fàbula estivo connosco en Espazo LiresCa durante case 2 meses. Foi a primeira exposición coa que inauguramos  LiresCa. E moi agradecidos estamos a Mar de  Fàbula e a Xosé Manuel Barros.  As figuras caóticas, as caixas de peixe, as cabezas perdidas, os barcos ,... en definitiva, as esculturas feitas do lixo  plàstico apañados nas nosas praias acompañáronnos durante os primeiros pasos desta no…

SABÍAS QUE? Na praia de Lires péscase o lubión mediante unha arte de pesca con fouciño
SABÍAS QUE? Na praia de Lires péscase o lubión mediante unha arte de pesca con fouciño

Na praia de Lires, nos meses máis fríos de inverno, pódese pescar un curioso peixe de corpo pequeno (máximo 35 cm), alongado, de cabeza puntiaguda e cor azul-verdoso. Responde ao nome de lubión, aínda que noutras localidades é coñecido como lanzón, pipión ou pixilin. Aínda que normalmente non se pesca deportivamente, se non para cebo, en Lires é tradición frixilos en aceite para despois saborealos na mesa. Os exemplares máis pequenos c&oac…

SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar
SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar

Faro Vilán O 7 de decembro do 2012 seis xóvenes saíron de Malpica para recorrer máis de 200 kms por A Costa da Morte, sen alonxarse do mar.  Despois de varias semanas explorando a costa en busca de camiños e sendas chegaron a Fisterra, percatándose de que trazaran unha ruta de sendeirismo espectacular con faros, dunas, praias, ensenadas, acantilados, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, montañas, solpores, .. Nese momento naceu O Camiño dos Faros. QUE FAC…

Newsletter

Rexístrese e sexa o primeiro en coñecer as últimas noticias

*Introducindo o meu correo electrónico dou o meu consentimento para recibir comunicacións de LiresCa a través do meu e-mail e confirmo que lin a política de Protección de Datos.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información