faro_fisterra

Faro Fisterra

Unha das innumerables lendas que hai na Costa da Morte, di que ao ser o Fin do Mundo, aquí era onde estaba a fronteira entre a vida e a morte. Antigamente críase que o planeta Terra era plano, e Fisterra, situado na Costa da Morte, era considerado o extremo máis occidental do continente europeo e, por tanto, o punto de Europa máis preto ao “fin do mundo”.

Outra das lendas nas que se inspira o nome Costa da Morte fala de que, dado que o Camiño de Santiago terminaba en Fisterra, este era por onde os antigos peregrinos celtas chegaban de toda Europa ao lugar onde o Sol morría cada día para renacer a unha nova vida de luz. 

QUE FACER: 

Visita ao Cabo Fisterra, onde poderás gozar dun dos atardeceres con máis encanto da Costa da Morte.

A tan só 15 minutos de LiresCa !

posta_de_sol_cabo_fisterra

Posta de Sol no Cabo Fisterra

LiresCa - Lires no Camiño
Etapa Muxía Fisterra
Turismo Rural Galicia
  • Comparte esta entrada!

Engade un comentario sobre este post

Entradas recentes

SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de  Fàbula foi a primeira en expoñer en  Espazo  LiresCa
SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de Fàbula foi a primeira en expoñer en Espazo LiresCa

A exposición da Asociación Ambiental Mar de Fàbula estivo connosco en Espazo LiresCa durante case 2 meses. Foi a primeira exposición coa que inauguramos  LiresCa. E moi agradecidos estamos a Mar de  Fàbula e a Xosé Manuel Barros.  As figuras caóticas, as caixas de peixe, as cabezas perdidas, os barcos ,... en definitiva, as esculturas feitas do lixo  plàstico apañados nas nosas praias acompañáronnos durante os primeiros pasos desta no…

SABÍAS QUE? Na praia de Lires péscase o lubión mediante unha arte de pesca con fouciño
SABÍAS QUE? Na praia de Lires péscase o lubión mediante unha arte de pesca con fouciño

Na praia de Lires, nos meses máis fríos de inverno, pódese pescar un curioso peixe de corpo pequeno (máximo 35 cm), alongado, de cabeza puntiaguda e cor azul-verdoso. Responde ao nome de lubión, aínda que noutras localidades é coñecido como lanzón, pipión ou pixilin. Aínda que normalmente non se pesca deportivamente, se non para cebo, en Lires é tradición frixilos en aceite para despois saborealos na mesa. Os exemplares máis pequenos c&oac…

SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar
SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar

Faro Vilán O 7 de decembro do 2012 seis xóvenes saíron de Malpica para recorrer máis de 200 kms por A Costa da Morte, sen alonxarse do mar.  Despois de varias semanas explorando a costa en busca de camiños e sendas chegaron a Fisterra, percatándose de que trazaran unha ruta de sendeirismo espectacular con faros, dunas, praias, ensenadas, acantilados, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, montañas, solpores, .. Nese momento naceu O Camiño dos Faros. QUE FAC…

Newsletter

Rexístrese e sexa o primeiro en coñecer as últimas noticias

*Introducindo o meu correo electrónico dou o meu consentimento para recibir comunicacións de LiresCa a través do meu e-mail e confirmo que lin a política de Protección de Datos.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información