SORTEO_FELICESVACACIONS_LIRESCA

En  LiresCa imos facer un sorteo para cando todos podamos saír da casa
Para ir pensando e planificando as nosas merecidas vacacións.


O sorteo levarase a cabo a través da rede social de INSTAGRAM, e ten por nome "FELICES VACACIONES".


SORTEAMOS UNHA ESTANCIA DE 1 NOITE para 2 PERSOAS nun cuarto dobre ou dobre  twin (a elixir). Con ALMORZO incluído.


PARTICIPAR É FÁCIL:
1. Entra na conta de  LIRESCA de INSTAGRAM co teu perfil persoal.
2. Dálle  like á publicación que leva a mesma imaxe que a da portada deste blog, e cóntanos o primeiro que farás cando te vaias de vacacións.
3. Menciona a dous amigo/ as
3. Síguenos en @ liresca
4. Sobe esta imaxe ás túas historias e etiquétanos(@ liresca). Se o tes privado pásanos unha captura. 


O SORTEO REALIZARASE O 30 DE MAIO!
MOITA SORTE A TODOS!!!!!

BASES DO SORTEO:
* Este sorteo realízase para INSTAGRAM.  Poderán participar todas as persoas que cumpran estas condicións ata as 12 da noite do día 29 de maio de 2020. A participación realizarase a través de dita rede social. A promoción ten mecánica de premio elixido a modo de SORTEO, mediante a ferramenta  Comment  Picker (ou outra  similiar).
* Este sorteo está limitado a maiores de 18 anos, que teñan un perfil persoal verdadeiro en Instagram. Non está permitido  etiquetar a famosos nin repetir. Non poderán participar na promoción os empregados de  LIRESCA, nin os seus familiares ata o primeiro grao. Só se pode participar unha vez por usuario. 
* Antes de outorgar o premio comprobarase a veracidade dos perfís dos participantes e o cumprimento das bases.
* O gañador do premio  publicarase nos nosos perfís,  e solicitaráselle por privado a conta de correo electrónico e teléfono para contactarlles para o envío do premio. Igualmente, se a día 15 de xuño de 2020 non se recibiu contestación, o premio darase por anulado e quedará deserto.
* A elección da estancia  está suxeita á dispoñibilidade e á temporalidade de  LIRESCA, non podendo o gañador esixir unha data concreta se esta non se axusta á devandita dispoñibilidade e temporalidade. En todo caso, o gañador poderá trocar o seu premio antes do 31 de decembro de 2021.
* Ningún dos compoñentes do sorteo poderá ser trocado polo seu valor en metálico.
* Os datos de carácter persoal que faciliten os participantes na promoción deberán ser facilitados debidamente actualizados e de forma veraz e completa, pois diso depende o bo funcionamento da promoción. 
* Os participantes coñecen e aceptan ademais expresamente que a súa participación nunha promoción, sorteo ou concurso a través de Facebook, Twitter e Instagram supón que os seus datos poden ser visualizados e compartidos polo resto de usuarios de Facebook, Twitter e Instagram. Así mesmo, a participación nunha promoción desta natureza supón a aceptación das normas de Facebook/ Twitter e Instagram (dependendo da canle para o seu desenvolvemento).
* Participar na presente promoción supón a plena aceptación de todas as normas de funcionamento expostas neste post.

  • Comparte esta entrada!

Engade un comentario sobre este post

Entradas recentes

SABÍAS QUE? EN LIRESCA REFORZAMOS AS MEDIDAS DE HIXIENE PARA QUE A TÚA  ESTANCIA SEXA MÁIS SEGURA
SABÍAS QUE? EN LIRESCA REFORZAMOS AS MEDIDAS DE HIXIENE PARA QUE A TÚA ESTANCIA SEXA MÁIS SEGURA

Actualmente, dadas as circunstancias provocadas pola crise do coronavirus, en LiresCa adecuamos e reforzamos todos aqueles aspectos do día a día sensibles á seguridade sanitaria tanto dos nosos clientes como dos nosos empregados. Con este fin, implementando un conxunto de medidas para que en todo momento a túa experiencia sexa tan segura como cómoda. Se entras na seguinte ligazón podes ver todas as nosas medidas para un turismo seguro:    https://www.liresca.com/upload/files/LIRESCA_C…

SABÍAS QUE?  A GRAVIDADE DO COVID-19 ESTÁ LONXE DOUTRAS PANDEMIAS
SABÍAS QUE? A GRAVIDADE DO COVID-19 ESTÁ LONXE DOUTRAS PANDEMIAS

Mujeres con mascarilla para prevenir la gripe española hace un siglo (foto del diario "El Progreso") Con este post renovamos as publicacións do noso blogue.  É un post diferente aos habituais, e nace coa pretensión de transmitirvos tranquilidade ante a pandemia que estamos a vivir debida ao COVID-19.  A historia pon en perspectiva o que está a suceder coa actual pandemia e, por inusitado que pareza, a gravidade deste brote parece estar lonxe dos máis letais da historia.&…

SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de  Fàbula foi a primeira en expoñer en  Espazo  LiresCa
SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de Fàbula foi a primeira en expoñer en Espazo LiresCa

A exposición da Asociación Ambiental Mar de Fàbula estivo connosco en Espazo LiresCa durante case 2 meses. Foi a primeira exposición coa que inauguramos  LiresCa. E moi agradecidos estamos a Mar de  Fàbula e a Xosé Manuel Barros.  As figuras caóticas, as caixas de peixe, as cabezas perdidas, os barcos ,... en definitiva, as esculturas feitas do lixo  plàstico apañados nas nosas praias acompañáronnos durante os primeiros pasos desta no…

Newsletter

Rexístrese e sexa o primeiro en coñecer as últimas noticias

*Introducindo o meu correo electrónico dou o meu consentimento para recibir comunicacións de LiresCa a través do meu e-mail e confirmo que lin a política de Protección de Datos.

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información