SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de  Fàbula foi a primeira en expoñer en  Espazo  LiresCa
SABÍAS QUE? A Asociación Ambiental Mar de Fàbula foi a primeira en expoñer en Espazo LiresCa

A exposición da Asociación Ambiental Mar de Fàbula estivo connosco en Espazo LiresCa durante case 2 meses. Foi a primeira exposición coa que inauguramos  LiresCa. E moi agradecidos estamos a Mar de  Fàbula e a Xosé Manuel Barros.  As figuras caóticas, as caixas de peixe, as cabezas perdidas, os barcos ,... en definitiva, as esculturas feitas do lixo  plàstico apañados nas nosas praias acompañáronnos durante os primeiros pasos desta no…

SABÍAS QUE? Na praia de Lires péscase o lubión mediante unha arte de pesca con fouciño
SABÍAS QUE? Na praia de Lires péscase o lubión mediante unha arte de pesca con fouciño

Na praia de Lires, nos meses máis fríos de inverno, pódese pescar un curioso peixe de corpo pequeno (máximo 35 cm), alongado, de cabeza puntiaguda e cor azul-verdoso. Responde ao nome de lubión, aínda que noutras localidades é coñecido como lanzón, pipión ou pixilin. Aínda que normalmente non se pesca deportivamente, se non para cebo, en Lires é tradición frixilos en aceite para despois saborealos na mesa. Os exemplares máis pequenos c&oac…

SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar
SABÍAS QUE? O Camiño dos faros xurdeu da inquedanza dun grupo de amigos por recorrer andando a Costa da Morte bordeando o mar

Faro Vilán O 7 de decembro do 2012 seis xóvenes saíron de Malpica para recorrer máis de 200 kms por A Costa da Morte, sen alonxarse do mar.  Despois de varias semanas explorando a costa en busca de camiños e sendas chegaron a Fisterra, percatándose de que trazaran unha ruta de sendeirismo espectacular con faros, dunas, praias, ensenadas, acantilados, castros, dólmenes, vilas mariñeiras, montañas, solpores, .. Nese momento naceu O Camiño dos Faros. QUE FAC…

SABÍAS QUE? O dolmen da  Pedra da Arca foi construído por unha moura
SABÍAS QUE? O dolmen da Pedra da Arca foi construído por unha moura

O dolmen da Pedra da Arca, tamén coñecido coma o dolmen de Cerqueda é un dos dolmens máis grandes de Galicia, que data do período entre o 3500 e o 2700 a.C, e está situado no concello de Malpica (Costa da Morte). A tradición conta que unha moura construíu a Pedra da Arca, cargando pedras na cabeza mentres fiaba e daba de mamar a un neno. Na mitoloxía galega as mouras son fermosísimas mulleres que viven baixo a terra ou baixo as augas, seres máxicos que de cand…

SABÍAS QUE? A solidariedade dos veciños de Carnota evitou represalias pola fuxida de refuxiados do Monte Pindo
SABÍAS QUE? A solidariedade dos veciños de Carnota evitou represalias pola fuxida de refuxiados do Monte Pindo

Monte Pindo Un mozo de esquerdas orixinario de Quilmas (Carnota) chamado O Catelo, convertido no líder dos “ foucellas” (1) do Monte Pindo, liderou un plan de fuxida para el e para doce homes que o acompañaban. Desta maneira, no verán de 1937 descenderon ao porto desde o Monte Pindo no que estaban refuxiados desde facía máis dun ano. Alí, coa axuda de dúas barcas asaltaron a punta de pistola o buque faenero “O As” poñendo rumbo a Inglaterra onde chegaron ao p…

SABÍAS QUE? O documental “O Desafío do Sil” contén imaxes inéditas da película documental “Lires”
SABÍAS QUE? O documental “O Desafío do Sil” contén imaxes inéditas da película documental “Lires”

Aldea de Lires Domingo Díaz Docampo está a presentar o seu último documental titulado “O Desafío do Sil”, un recorrido histórico sobre a construción de presas por parte da empresa Saltos del Sil (1945-1965) que cambiou para sempre a silueta de Valdeorras e tamén o modo de vida dos seus veciños. Este documental contén imaxes inéditas da película documental “Lires”con un gran  valor histórico para a nosa aldea. “Lire…

SABÍAS QUE? O Monte Pindo serviu de refuxio a numerosas persoas durante a Guerra Civil española
SABÍAS QUE? O Monte Pindo serviu de refuxio a numerosas persoas durante a Guerra Civil española

Monte Pindo  O Monte Pindo, coñecido tamén como o Olimpo Celta, serviu de refuxio durante a Guerra Civil española e a posguerra aos fuxitivos republicanos ou a aqueles que non querían participar na contenda.  Así é que no 1936 co golpe de estado militar contra o lexítimo Goberno da República, a Garda Civil e a Falanxe na súa ocupación dos concellos da Galicia rural chegan ao Concello de Carnota. Dirixentes políticos, sindicalistas, e xente que …

SABÍAS QUE? Fernando Blanco de Lema foi o home que cambiou a historia da vila de Cee
SABÍAS QUE? Fernando Blanco de Lema foi o home que cambiou a historia da vila de Cee

Fernando Blanco de Lema (foto cedida polo Museo Fernando Blanco) Fernando Blanco de Lema (Cee, 1796 – A Habana, 1875) foi un veciño de Cee que, tras emigrar a Cuba con tan só 13 anos e facer fortuna alí como empresario, quixo que o diñeiro ganado na illa caribeña se destinase á construción dun dos institutos mais antigos de Galicia (o actual I.E.S. Fernando Blanco).  Inaugurado o 2 de outubro de 1886, e dotado co mais avanzado material pedagóxico e didáctico do mo…

SABÍAS QUE? Un grupo de alumnos entre 10 e 12 anos participaron nunha obra capital que foi publicada sobre os naufraxios na Costa da Morte
SABÍAS QUE? Un grupo de alumnos entre 10 e 12 anos participaron nunha obra capital que foi publicada sobre os naufraxios na Costa da Morte

Cabo Vilán en Camariñas Grazas á iniciativa dun mestre de escola e á ilusión dun grupo de nenos de Camelle, que naquel momento cursaban 5º de EXB, foi posible elaborar unha obra capital sobre os naufraxios na Costa da Morte. A idea naceu no 1974, cando un día na clase, o mestre e alumnos comentaron o encallamento dun barco que se acababa de producir nas proximidades do Cabo Vilán, en Camariñas. A raíz de este feito, José Baña Heim retomou unha idea que lev…

SABÍAS QUE? Galicia é a comunidade da Península Ibérica con máis quilómetros de litoral
SABÍAS QUE? Galicia é a comunidade da Península Ibérica con máis quilómetros de litoral

Praia de Nemiña - Costa da Morte Galicia ten preto de 1.500 quilómetros de litoral , case o 20% do total de España. Ademáis, as súas condicións xeográficas e as súas ondas fan das súas praias escenarios privilexiados para a práctica do surf a todos os niveis e na maior parte do ano. Trátase da comunidade con con maior número de licencias e clubs con actividades relacionadas co surf. QUÉ FACER:  Un agradable paseo pola praia de Nemi…

SABÍAS QUE? Un gato foi o único tripulante dun barco que encallou en Bergantiños
SABÍAS QUE? Un gato foi o único tripulante dun barco que encallou en Bergantiños

Coñecido co nome do “barco do gato capitán”, no 1945 unha nave de cabotaxe soltou amarras nun día de temporal e pasou varias horas navegando dun lado para outro na ría de Bergantiños ata que encallou de “forma limpa” nun baixo de area. Para sorpresa de todos, no seu interior só estaba un gato:  o gato capitán do barco. QUE FACER:  Visita á ensenada da Insua en Cabana de Bergantiños, en O Couto (Ponteceso). Nela amontónase a area e f&o…

SABÍAS QUE? Antigamente existía a crenza de que en Fisterra estaba a fronteira entre a vida e a morte
SABÍAS QUE? Antigamente existía a crenza de que en Fisterra estaba a fronteira entre a vida e a morte

Faro Fisterra Unha das innumerables lendas que hai na Costa da Morte, di que ao ser o Fin do Mundo, aquí era onde estaba a fronteira entre a vida e a morte. Antigamente críase que o planeta Terra era plano, e Fisterra, situado na Costa da Morte, era considerado o extremo máis occidental do continente europeo e, por tanto, o punto de Europa máis preto ao “fin do mundo”. Outra das lendas nas que se inspira o nome Costa da Morte fala de que, dado que o Camiño de Santiago terminaba en Fisterr…

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información