LIRESCA é unha antiga casa de labranza do século XIX que pertenceu aos avós Lina e Juan. Restaurámola preservando o encanto das aldeas galegas para prestar o servizo de aloxamento e cociña.

A nosa casa está situada en Lires, en pleno corazón da Costa da Morte.

Pola nosa porta pasa o Roteiro Peregrino do Camiño de Santiago que conduce de Fisterra a Muxía. E por aquí tamén pasan o Roteiro e o Camiño dos Faros, así como varios roteiros de sendeirismo e BTT.

Rodeados da máis agreste natureza, contamos con praia, dúas calas, dous ríos, unha ría (a máis pequena de toda Galicia!) e monte. E desde LIRESCA gozamos de excelentes vistas a esta paisaxe.

Restauramos a casa poñendo todo o noso sentimento, buscando a harmonía coa contorna que nos rodea. Así é que, LIRESCA nace impregnada do salitre do mar e do aroma da terra.

Para a súa construción usamos a pedra de cantería orixinal da casa, e reutilizamos madeira de batea de mexillóns que, a modo de fachadas ventiladas, permítennos unha mellora da eficiencia enerxética.

A conxunción entre o ancestral e o moderno fan da nosa casa un elemento diferenciador na arquitectura da Costa da Morte, á vez que está dotada da máxima calidade e confort para facer a túa estancia o máis acolledora posible.

En LIRESCA dispoñemos de:

  • COCIÑA: onde podes degustar a gastronomía máis tradicional e auténtica da Costa da Morte, cun especial protagonismo dos produtos pesqueiros.
  • SALÓN SOCIAL: ao que chamamos ESPAZO LIRESCA e onde podes empaparche da cultura e costumes da Costa da Morte. Con exposicións e eventos culturais. Con biblioteca litetaria. E onde che informamos e organizamos actividades turísticas.
  • TERRAZA DE MADEIRA CON PÉRGOLA E ZONA AXARDINADA: onde podes relaxarche gozando de todos os nosos servizos.

 

BENVIDO A LIRESCA!

BENVIDO AO TEU CAMIÑO POLA COSTA DA MORTE!

Esta web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información